Calcula o grao de sostibilidade da túa explotación
Autoavaliación de Xestión de Minaría Sostible
En que consiste?
A Cámara Oficial Mineira de Galicia pon á túa disposición unha ferramenta para autoavaliar o grao de sostibilidade dunha explotación ou empresa do sector mineiro.
Útil para coñecer en que campos pode mellorar a empresa para ser máis sostibles en tres ámbitos: social, económico, medioambiental.
A ferramenta ten en conta os principais estándares a nivel mundial: por unha parte, o IRMA HMS (Canadá) e por outra, as normas UNE SXMMMS (España).
Que vou conseguir?
#1. Avalía a sostibilidade da túa empresa
Unha avaliación preliminar para que poidas localizar os puntos fortes e débiles de cara á implantación do SXMS.
#2. Obtén o teu índice de sostibilidade
Cun índice numérico entre o 0 e o 100.
#3. Coñece onde poder mellorar
Un documento PDF que recolla un resumo cos puntos de mellora e o teu índice de mellora.
#4. Atopa en que ámbitos investir
Localizar cales son os ámbitos da xestión sostible (social, económico ou ambiental) onde realizar investimentos.
#5. Avalía a túa mellora
Poderás realizar o autodiagnóstico cantas veces precises ao longo do tempo para comparar resultados.
Contacto
Se tes dúbidas para realizar a cuestionario ou desexas implantar as Normas UNE de Xestión de Minaría Sostible na túa empresa, non dubides en contactar coa Cámara Oficial Mineira de Galicia.